Descripción
A nosa terra é nosa!. A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931) es del autor Insua, Emilio Xosé y trata de
Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º 404) para chorar a desaparición física do xornalista de Viveiro, deixaba Castelao ben clara a enorme transcendencia que tanto para si propio como para a historia política e cultural da Galiza no seu conxunto tivera a posta en marcha, o 18 de maio de 1916, da primeira das Irmandades da Fala, á que ben axiña se sumarían outras.
Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo.
A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico «cerebro colectivo» que foron as Irmandades: a reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á cronoloxía, pois pensamos que así, presentados no seu contexto histórico en cada momento, entenderanse mellor os méritos, as dificultades e os logros de cada unha das iniciativas irmandiñas.
Notarase en moitos parágrafos desta monografía a especial relevancia que concedemos á figura e aos textos do promotor das propias Irmandades, Antón Villar Ponte, de quen nos servimos como eixo vertebrador do noso relato e a cuxa obra xornalística acudimos reiteradamente para ilustrar os procesos e reviravoltas da entidade.
A nosa terra é nosa! es un libro del género FORMACIÓN Y ESCOLAR de LIBRO DE TEXTO del autor Insua, Emilio Xosé editado por BAIA en el año 2016.
A nosa terra é nosa! tiene un código de ISBN 978-84-9995-193-5 y consta de 752 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de A nosa terra é nosa! en formato ebook.
- Editorial: BAIA
- Año de edición: 2016
- Materia: LIBRO DE TEXTO
- ISBN: 978-84-9995-193-5
- EAN 9788499951935
- Páginas: 752
- Encuadernación TAPA BLANDA O BOLSILLO
- Alto: 220 Alto
- Ancho: 150Ancho
- Idioma: GALEGO





Els nens no vénen de Paris
Yo tampoco me llamo ulises
How to teach Grammar Book
American english in mind starter workbook
Tarjetas autocorregibles flash sumas
Clil readers level ii pri the treasure hunt
VACACIONES 3 AÑOS PATRULLA CANINA
Mozart On Stage Pb
Valoraciones
No hay valoraciones aún.